Preséntase en Mondoñedo un libro que recolle a figura de Manuel Leiras Pulpeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMondoñedo
A-
A+

Este sábado 8 de novembro terá lugar a presentación do libro “Manuel Leiras Pulpeiro (1854 – 1912) O poeta e o cidadán ao cabo dun século”. Este libro nace a raiz das xornadas celebradas en Mondoñedo sobre Leiras no 2012 conmemorando os 100 anos do seu pasamento. Neste libro interveñen Xe Freyre, Andrés García Doural, Xosé Manuel González Reboredo, Antón Meilán García, Isabel Morán Cabanas, Camiño Noia Campos, Antón Reigosa Carreiras, Ramón Reimunde Noreña, Armando Requeixo, Alicia Tella Villamarín, Xosé Ramón Veiga e Abel Vigo.

Os coordinadores da edición son Xe Freyre e Abel Vigo.

A presentación dará comezo ás 12.00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.

6 de novembro de 2014 | 14:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.