Preséntase a peza de novembro do proxecto Vidas Entrecruzadas
Esta mañá presentouse a nova peza do proxecto Vidas Entrecruzadas que durante todo o 2014 expón na Sala Fondos do Museo Municipal. Vidas Entrecruzadas é iniciativa e obra do artista Xosé Lois Carreira, que xunto coa colaboración con textos de Iñaki Aranzábal, desenvólvese no 2014 en favor da organización Médicos Sen Fronteiras.
A obra de novembro leva por título Viaje a Marlowe, e está composto por acrílico e óleo sobre táboa. A viaxe a Marlowe (protagonista de O corazón das tebras de J. Conrad) é unha viaxe río arriba e río abaixo, onde todo é un e o mesmo. Unha viaxe que fala do tempo presente e do tempo pasado; do que podía ter sido e do que foi; dun mundo de especulación e no que como indica T. S. Eliot, habitan tamén outros sons. Debemos seguilos?
Nesta presentación estivo o artista Xosé Lois Carreira, a concelleria de Educación e Cultura, Ana Garrido e a Directora do Museo, Eva Torres, acompañados polos alumnos e alumnas de 5º de primaria do CEIP As Mercedes.











