publicidade hoxe

Preséntanse os 54 finalistas aos II Premios Martín Códax da Música

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosLocal Portada
A-
A+
Presentación finalistas Premio Martín Códax da Música

Presentación finalistas Premio Martín Códax da Música

A asociación Músicos ao Vivo fixo pública, nun acto que tivo lugar esta noite en Cambados, a relación dos 54 proxectos, solistas e grupos que concorren como finalistas aos II Premios Martín Códax da Música, uns galardóns anuais que volven contar co apoio da Consellería de Cultura e Educación para promover a música galega e os seus intérpretes.

As instalacións das adegas Martín Códax na localidade pontevedresa reuniron, como principal empresa patrocinadora dos premios, todos os colaboradores da organización e os protagonistas das candidaturas nomeadas nas diferentes categorías.

En representación da Consellería, asistiu o director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), Jacobo Sutil, quen felicitou a todos os seleccionados e reiterou o apoio da Xunta de Galicia a esta iniciativa.

Durante o acto presentáronse tamén as primeiras estatuíñas rematadas no obradoiro do escultor e músico Víctor Lorenzo, coas que se farán os premiados na gala que se celebrará o vindeiro 17 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Alí, ademais de recoñecer os 18 gañadores que sairán da listaxe de finalistas, entregarase tamén o Premio Honorífico Músicos Ao Vivo a N.H.U., a mítica banda galega de rock progresivo dos 70.

Esta é a relación de categorías e finalistas:

Pop e indie: Ataque Escampe / Silvia Penide/ Los Chavales
Rock: Cró / Narf Trío / The Cornelius
Blues, funk & soul: Cats and Monkeys / Bakin Blues Band / Victor Aneiros
Jazz e músicas improvisadas: Sumrrá / Felipe Villar Trío / Xan Campos Trío
Hip-Hop e músicas urbanas: Wöyza / Som do Galpom / Aid Alonso
Música clásica e contemporánea: Orquestra Vigo 430 / Sounding Images / Samuel Diz
Folque: Vaamonde, Lamas e Romero / Cuarteto Caramuxo / Caxade
Música tradicional galega: Treixadura / Davide Salvado / Malvela
Músicas do mundo: Dos fíos invisibles chegan as cores / Trilitrate / 2uS
Canción de autor: A Cada Canto / Xoel López / Xoán Curiel
Música infantil: Pablo Díaz e a Banda Tic Tac Toc / Xiqui Xoque Fiú Fiú! / Golfiños
Electrónica: Sub Rosa / Pálida / Chrysalid9
Metal: Aphonnic / Nao / Machina
Reggae, Ska & Mestizaxe: Zamaramandi / Dakidarría / Transilvanians
Orquestras, grupos e música de verbena: Orquestra Os Modernos / Los Satélites / Claxxon
Premio Organistrum Salas: Aturuxo / Garufa Club / Sala Capitol
Premio Organistrum Festivais: Espazos Sonoros / Festigal / Festival Sinsal Son Estrella Galicia
Premio Organistrum Espazos de Comunicación Musical: GZMúsica / Planeta Furancho / Tres Peixes Voando

27 de novembro de 2014 | 10:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.