Preséntanse as XVI Xornadas do Clube Alpino Ourensán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Esta mañá presentouse unha nova edición da semana Audiovisual do Club Alpino Ourensán. Trátase da XVI edición destas xornadas nas que o mércores, xoves e venres ás 20.30 h terán lugar no Auditorio proxeccións relacionadas con este deporte e os valores que o rodean.

Esta actividade organízase xunto co patrocinio da Fundación Florencio Álvarez – María Teresa Esteban, e coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Ourense.

O mércores comezarán coa proxección de O eslabón perdido, sobre as experiencias do boulder en Galicia, unha modalidade de escalada que se realiza en penedos de 4 – 5 metros sen máis axuda que a propia forza do escalador.

O xoves será o turno para a charla Escalada deportiva na Cordilleira Cantábrica, que versará sobre as posibilidades e retos desta práctica deportiva nesa zona.

Xa por último o venres haberá unha reflexión sobre a necesidade de errar para aprender destes erros, que leva por título O valor do fracaso.

26 de novembro de 2014 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.