publicidade hoxe

Prepárase o pavimento da pista polideportiva da rúa Otero Pedraio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

As obras de reparación da pista polideportiva na rúa Otero Pedraio comezaron esta semana. Trátase, segundo o alcalde de Cambre, Manuel Rivas, de actuación necesaria debido ao mal estado no que se atopa o pavimento. A obra, cun custo de 17.640 euros, está sufraga en parte pola Deputación da Coruña cunha axuda de 5.960,39 euros. A actuación consiste en reparar o pavimento da pista polideportiva descuberta debido ao mal estado no que se atopa, co fin de que os veciños da parroquia de O Amorne, dispoñan dunha área de xogo segura.

A pista ten unhas dimensións aproximadas de 42 x 22 m2 e nela realizaranse traballos de limpeza previa da pista mediante varrido, aspirado e lavado con auga a presión para preparación do soporte e reparación dos ocos e desconchones existentes no pavimento con morteiro de cemento. O edil de Deportes, Fernando Caride, explicou que os veciños xa alertaron hai meses do estado do pavimento da pista, que puña en perigo aos usuarios. Ademais, insistiu en que o goberno local levará a cabo nos próximos meses a reparación das pistas que se atopen en mal estado, como é o caso de O Amorne (A Ría) e Ramón Barba.

13 de novembro de 2014 | 19:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.