Pontevedra acolle un mercadiño solidario en beneficio da AECC

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O proximo Luns día 17 de novembro, o XXI mercadiño solidario de Pontevedra da Asociación Española Contra o Cancro, abre as súas portas ao público na rúa Andrés Muruais 11, Antiga Confecciones D Luís. A súa inauguración, conducida pola Presidenta da aecc de Pontevedra, celebrarase ese mesmo día ás 12:00h.

Como é tradición desde fai 21 anos, nos meses previos a Nadal a cidade de Pontevedra redescubre unha fermosa “tenda” de artigos de agasallo, decoración, xoguetes, libros e material deportivo, entre outros moitos obxectos; coa intención de recadar o máximo posible para continuar os programas, proxectos e servizos que a aecc Pontevedra presta á axuda integral das persoas enfermas de cancro e as súas familias

A ilusión e o esforzo dun amplo número de voluntarios e a solidariedade dos pontevedreses fai posible este mercadiño solidario. Máis de 30 voluntarios atenderán ao público de luns a sábado de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:30.

O mercadiño solidario ofrece ao público unha nova experiencia de compras do Nadal e ao mesmo tempo un espazo onde informarse sobre os programas e servizos que ofrece gratuitamente a Xunta Provincial de Pontevedra da Asociación Contra o Cancro.    

 

14 de novembro de 2014 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.