Poda de dúas sequoias en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

A Concellería de medio ambiente contratou á empresa ARBOGAL, a poda, cableado, descompactación e achegue de biotriturado en dúas sequoias que están ao redor da fonte da alameda.

O que se vai a facer é ampliar os alcorques da base das sequoias para que poidan fornecerse mellor dos nutrientes.

O traballo de poda realizarase mediante o sistema de rube, facéndose a baixada daquelas ramas que así o requiran de forma controlada, para salvagardar as construcións lindeiras e o mobiliario urbano. Hai que ter en conta que estas árbores miden máis de 15 metros.

En todo momento disporase dun home de apoio no chan coa formación específica e o material necesario para realizar un rescate se así fose necesario, xa que a empresa está especializada neste tipo de traballos.

4 de novembro de 2014 | 20:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.