Pichurreiro faise co Trofeo Almirante Novas en aguas da ría de Ferrol
O fin de semana celebrouse en augas da ria de Ferrol a XXI edición do Tº Almirante Novas, regata con categoría de Clasificatoria e que ao ser a última do ano era a que completaba o ranking do ano 2014, por iso houbo unha boa participación, cun total de 20 barcos.
O meteo para o fin de semana non era bo, pero no entanto puidéronse celebrar as catro probas progamadas. O sábado, foron probas complicadas.
Cun vento do Oeste de entre 6 e 8 nós e moita corrente o que dificultaba acertar co bordo, terminando a xornada con Martin Bermudez, Fernando Tajuelo e Jaime Miranda empatados a 4 puntos. O domingo amenceu con fortes chuvascos que á primeira hora traían bastante vento pero que xusto á hora progamada para a primeira saída desapareceu totalmente, polo que houbo que agardar a ver se se cumpría o meteo que predicía ventos medios do Suroeste, cousa que por fin ocorreu permitindo celebrar as dúas probas progamadas, nas cales destacou o vilagarciano Juan Deben que o sábado non estivera acertado e que cun primeiro e un segundo empolicar ao terceiro posto da xeral.Na cabeza forte loita entre Jaime Miranda e Martin Bermudez con vitoria final para Miranda.
Resultados .-
1º.- Pichurreiro J.Miranda-Marta Perez 6 ptos CNRFerrol
2º.- Ceibe XXI M.Bermudez-Carmen Mateo 7 “ RCRGalicia Villagarcia
3º.- Testa Matta J.Deben-Santiago Glez 8 “ L.Casino Villagarcia
4º.- Ou Lieiro F.Tajuelo-Iria Lopez 8 “ CNRFerrol
5º.- Atun Roberto Vidal-J.R.Pardo 9 “ RCNCoruña











