Permanece aberto o prazo para anotarse na formación sobre intelixencia social e liderado na Biblioteca de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Biblioteca Municipal de Ferrol mantén aberto o prazo de inscrición para participar no curso sobre intelixencia social e liderado, que se celebrará do 25 de novembro ao 3 de marzo de 2015. A acción formativa terá lugar os martes e xoves, en horario de 19:00 a 21:00 horas, na Sala Audiovisual (3º andar). Os interesados en participar poderán formalizar a súa solicitude ata o vindeiro 21 de novembro na planta baixa da Biblioteca Municipal Central.

Esta formación sobre intelixencia social e liderado, cunha duración de 40 horas, será impartida por David Pastrana Sánchez. Os contidos versarán sobre conceptos como comunicación, xestión do tempo, traballo en equipo, motivación, decisión, proceso directivo, madurez ou cambio. Este curso se impartirá en vinte sesións e a programación de conferencias é a seguinte: 25 de novembro; 2, 4, 9, 11, 16 e 18 de decembro; 13, 15, 20, 22 e 27 de xaneiro de 2015; 3, 5, 10, 12, 17, 19 e 24 de febreiro; e 3 de marzo.

17 de novembro de 2014 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.