Permanece aberta a inscrición para o obradoiro “Pequenos cineastas: viaxamos a Bollywood”
O programa Compostela Cine Classics ten preparada unha proposta de catro sesións consecutivas dirixidas a nenos e nenas de 6 a 12 anos para achegarlles ao universo do cine de Bollywood (India), unha das industrias cinematográficas mais importantes. Aínda quedan prazas neste obradoiro, titulado Pequenos cineastas: viaxamos a Bollywood. Os participantes poderán realizar vestiarios e maquillaxes sinxelos, bailes e coreografías, e coñecerán como son as películas desta industria, a través de participación de todos no rol de actores, figurinistas, directores…
O obradoiro celebrarase no Centro Sociocultural da Trisca os venres 28 de novembro e 5, 12 e 19 de decembro, de 18:00 a 20:00 horas. O prezo é de 14 euros e a inscrición pode realizarse nos centros socioculturais.











