publicidade hoxe

Perfecto Rodríguez supervisa a instalación dunha estufa de pellets no centro sociocultural de Forzans

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
O alcalde de Ponte Caldelas na visita ao centro sociocultural de Forzáns

O alcalde de Ponte Caldelas na visita ao centro sociocultural de Forzáns

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, comprobou a idoneidade da estufa de pellets instalada no Centro Sociocutural de Forzáns, utilizada para quentar unha superficie próxima aos 180 metros divididos en dúas plantas.

A dotación deste centro sociocultural de titularidade municipal cunha estufa de pellets levou a cabo tras a solicitude realizada pola Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns e os veciños desta parroquia xa que o intenso frío do inverno dificultaba o normal desenvolvemento de actividades neste edificio.

A estufa, cuxa instalación foi sometida a aprobación polo Pleno da Corporación Municipal, a través dunha modificación de crédito nos orzamentos do Concello, permitirá dotar dunha temperatura adecuada ao Centro Sociocultural de Forzáns para acoller as distintas actividades programadas polos colectivos sociais da parroquia e que reúnen todos os sábados e domingos do ano a preto dun centenar de veciños que participan en reunións sociais, conferencias, cursos de formación e convivencia veciñal.

A intención do equipo de Goberno que lidera Perfecto Rodríguez é ir dotando de diversos elementos aos locais sociais do municipio co fin de que sirvan de puntos de encontro veciñal á vez que fomentan o lecer compartido e participativo dos residentes nas zonas rurais do municipio.

24 de novembro de 2014 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.