Péchase ao tráfico a estrada AC-551 en sentido de saída desde a glorieta de Sabón cara á A-6 e a AG-55

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaArteixoLocal Portada
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pechará mañá o tráfico na estrada AC-551 (AG-55-Sabón), no Concello de Arteixo, en sentido de saída desde a glorieta de Sabón cara o enlace coa autopista AG-55 e a autovía A-6.

A Xunta destaca que este corte é necesario para efectuar os traballos de pavimentación previstos neste treito, no que se realizou unha duplicación da calzada no marco das obras na rotonda de Sabón.

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) indica que este corte de tráfico levarase a cabo dende as 7 ata as 22 horas do día de mañá. O corte prográmase en fin de semana, dado que nestes días a estrada rexistra menor intensidade de tráfico.

O condutores que desexen acceder á autovía A-6 ou á AG-55 utilizarán a estrada provincial CP-0512 pola que entrarán á autovía no enlace de Uxes (entrada 589). Dende a Xunta de Galicia lémbrase que estas restricións ao tráfico estarán sinalizadas, así como tamén os desvíos alternativos, co fin de ocasionar as menores molestias posibles aos usuarios da estrada e garantir unhas condicións axeitadas para a mobilidade.

28 de novembro de 2014 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.