publicidade hoxe

Palas de Rei únese á conmemoración do Día internacional Contra a Violencia de Xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+
Actos contra a violencia de xénero en Palas de Rei

Actos contra a violencia de xénero en Palas de Rei

Ás 13:00h do martes, 25 de novembro de 2014, daban comenzo na Casa de Cultura de Palas de Rei as actividades en conmemoración do Día internacional Contra a Violencia de Xenero coa presentación da Unidade Didáctica baseada na curtametraxe “o mundo é perfecto sen ti”. Posteriormente, tivo lugar a representación teatral “o bosque da poesia” a cargo de Alentía Teatro, e finalizaron as actividades, coa lectura de Monólogos sobre mulleres que foron importantes na historia por parte de alumnas do Instituto de Palas de Rei.

Estes actos, que foron organizados polo Centro de Información á Muller de Palas de Rei coa colaboración da Secretaria Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo encheron o salón de actos de alumnos/as do Ies do Camiño e interesados en xeral.

A estas actividades, sensibilizadoras da problemática que representa a violencia de xénero na sociedade actual, séguenlle os do venres, 28 de novembro, un “Obradoiro de Violencia de Xénero e o Novo Contexto Dixital”, dirixido ós rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO do IES de Palas de Rei, para sensibilizar entre os/as mozos/as no tema da violencia de xénero na Rede.

25 de novembro de 2014 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.