Palas de Rei dá os primeiros pasos coa DXT para tramitar nas súas dependencias municipais cambios no permiso de conducción

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada reuníuse coa Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yubero para o tratamento de determinadas cuestións referentes ao desenrolo de accións en materia de tráfico e seguridade vial no municipio de Palas de Rei.

Na reunión, a Xefa Provincial de Tráfico, presentoulle ao alcalde o informe da siniestralidade da N-547 no presente ano, así como, o informe do Parque de Vehículos da DGT a data de 31/12/2013. Pola súa banda, o alcalde tamén informou que dentro do Proxecto de obras de mellora da Travesia N-547, acometeranse diversas melloras que afectan a seguridade do Tráfico e a protección dos peóns nos diferentes pasos de peóns que se atopan na citada nacional, ao seu paso polo casco urbán de Palas de Rei.

Ámbolos dous representantes, conviñeron na importancia da colaboración, entre as respectivas institucións, de cara á consecución de determinadas medidas de acción en materia de tráfico e seguridade vial. Neste senso, centraron a atención nos convenios de colaboracións relativos a:

“Convenio básico bilateral entre o organismo autónomo da Xefatura da Garda Civil de Tráfico e a entidade Concello de Palas de Rei polo que se formaliza a súa adhesión ao convenio específico de colaboración suscrito entre o organismo autónomo da Xefatura Central de Tráfico e a Federación Española de Municipios e Provincias en materia de seguridade vial”. En virtude do cal, as partes, adecuarán as súas actuacións as da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de Protección de datos de carácter Personal, ao Real Decreto 1720/2007, de 21 de diciembre, que aproba o Reglamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter personal, ao Reglamento Xeral de Vehículos, aprobado polo Real Decreto2822/1998, de 23 de diciembre e o Reglamento Xeral de conductores aprobado polo Real Decreto 818/2009 de 8 de maio, así como, ás futuras modificacións que se produzcan.

– “Convenio de realización de accións conxuntas entre Concello e Xefatura Provincial de Tráfico” centradas en:

– Actuacións en infraestructuras e execución de instalacións de seguridade vial e xestión do tráfico urbán en vías de titulariedade municipal.
– Cesión de vehículos e/ou de equipos de medición de potencia, alcohol e velocidade.
– Colaboración para a elaboración de Plans Urbáns de Seguridade Vial.

En dita reunión, tamén se tratou o procedemento de adhesión do Concello de Palas de Rei ao “convenio de colaboración suscripto entre a DGT e a Federación Española de Municipios e Provincias en virtude do cal, o cidadán podrá tramitar no Concello o cambio de domicilio do seu permiso de conducción e do permiso de circulación de vehículos que posea”, se así o desea. Ata o momento, aqueles cidadáns que cambiaban de domicilio, dentro do mesmo municipio ou en outro novo, debían desplazarse á Xefatura Provincial de Tráfico para efectuar o cambio nos seus documentos persoais relacionados co Tráfico (permiso de conducción e permiso de circulación do seu vehículo). A adhesión a este convenio, permitirá, entre outras cuestións, que o didadán poida realizar este trámite dende a oficina municipal, evitando así, desplazamentos innecesarios. Permitindo unha maior actualización dos rexistros de conductores e vehículos co que se pretende unha mellora nos servicios de xestión tributaria dos municipios e das notificacións como consecuencia do procedemento sancionador un maior grado de certeza.

Está previsto que ámbolos tres Convenios entre o Concello de Palas de Rei coa Xefatura de Provincial de Tráfico sexán suscriptos a principios do víndeiro ano.

17 de novembro de 2014 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.