Outono Fotográfico inaugura dúas novas exposicións no Museo Municipal de Ourense
O festival Outono Fotográfico inaugurou esta mañá dúas novas exposicións no Museo Municipal. Trátase dos traballos de Tito Mouraz e de Sanne de Wilde, que estarán no primeiro e segundo andar ata o día 14 de decembro.
Estas exposicións proceden da cidade portuguesa de Braga a través dos intercambios establecidos entre o Outono Fotográfico e os Encontros da Imagem, e acadaron o premio Emergentes DST deste certame portugués. Este intercambio ten lugar neste 2014, ano no que Ourense é Capital da Cultura do Eixo Atlántico.
Tito Mouraz
Finalizou o curso de Artes Visuais e Fotografía na Escola Superior Artística do Porto en 2010, sendo esta a cidade onde vive e traballa actualmente. Expón regularmente desde 2009 en Portugal e no estranxeiro, destacando as exposicións individuais nos Encontros da Imaxe de Braga (2010, 2013 e 2014), Módulo – Centro Difusor de Arte (2011 e 2013) e Museu da Imagem, Braga (2013).
En 2013 foi vencedor do Premio Internacional de Fotografía Emergentes DST e da lectura de portfolios Carpe Diem Arte e Pesquisa.
É representado polo Módulo – Centro Difusor de Arte de Lisboa.
Presente en algunhas coleccións particulares, facendo tamén parte da colección do BES Art.
Casa das sete senhoras
Aínda se di por aquí que a casa está asombrada. Na casa da parella vivían sete señoras, todas irmás solteiras. Unha era meiga. En noites de lúa chea, as señoras, voarían nas súas túnicas brancas da varanda para os ramos frondosos do castañeiro, sobranceiros á rúa. Daí seducirían os homes que pasasen.
Na Casa das Sete Senhoras, conversar, saber como era antes, escoitar e imaxinar, foi tan importante canto o acto de fotografar.
Mouraz comezou por facer algúns retratos de persoas. Con certo interese porque sempre viviran alí e estaban ligadas á terra como as árbores. Falan do tempo, das súas lembranzas, das perdas… moitas xa visten de negro.
Esta serie fotográfica da conta de un persistente regreso ao mesmo lugar, para pescudar as súas diferenzas (a lenta desactivación do maneo agrícola, a transformación progresiva do territorio, o envellecemento…), porén escoitar o mesmo moucho, a mesma raposa, as mesmas historias.
Tal como na lenda, tal vez teña sido o xeito máxico e medorento, desta experiencia cíclica, o maior ferimento do autor: a noite, os fumes, os cadáveres, a lúa, a ruína, os sons.
Un lugar de afectos, á fin, Tito Mouraz tamén naceu alí.
Sanne de Wilde
Sanne De Wilde naceu en 1987, Amberes, Bélxica. Obtivo o grao de mestra en Belas Artes con especialización en Fotografia, en KASK (Royal Academy of Fine Arts), Ghent, con distinción, en xuño de 2012. Actualmente vive en Amsterdam, Holanda, e traballa en ‘De Volkskrant’, European Newspaper of the Year e maior xornal diario holandés de calidade. Sanne recibiu en 2013 o Winner Nikon Press Award Young Promising Photographer, foi vencedora dos Emergentes DST nos Encontros da Imagem e seleccionada como unha das ‘New Dutch Photography Talents 2014’, publicados na GUP Magazine. O seu traballo foi exposto no PhotoIreland Festival, e selecionado como ‘New Dutch Photography Talents 2014’, publicados na GUP Magazine.
The Dwarf Empire
No sul da China, próximo a Kunming – a cidade da Primavera eterna – existe un parque temático onde viven 70 persoas pequenas. Os habitantes apresenta un espectáculo de música e danza dúas veces por día. Esta terra prometida foi fundada por un home alto e rico, que se tiña comprometido a facer “algunha cousa boa” para as persoas pequenas. Caridade chinesa en traxe comercial. A fachada deste imperio, con paredes en material sintético, parece permanentemente á beira do colapso. E no namentras, o imperio mantense en pé. Sanne mergúllase nunha aventura cunha manchea de cuestións éticas sobre a comercialización do apoio social. Todas as historias teñen dous lados, mais neste lugar, cada pregunta e cada resposta parecen contradictorias. A súa aventura terminou como un (anti)conto de fadas moderno, unha colección de imaxes feitas pola autora e por eles. O súa propia estratexia foille imposta.











