Ourense Inserta aproba 7 novos convenios de colaboración para realizar prácticas en empresas de hostalería
A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión desta mañá 7 novos convenios de colaboración con empresas da cidade que permitirán que alumnos e alumnas do proxecto de inserción sociolaboral Ourense Inserta podan completar a súa formación realizando prácticas en empresas do sector da hostalería. Serán, en total, 11 alumnos e alumnas que completaron o curso de operacións básicas de restaurante e bar.
Ourense Inserta é un proxecto que pretende fomentar a creación de emprego de calidade entre persoas con dificultade de acceso ao mercado laboral. O alumnado realizará prácticas nun entorno real de traballo, e poderá acadar o correspondente certificado de profesionalidade, o que lles axudará no acceso a un emprego estable.
As entidades colaboradoras na realización das prácticas son CHOUPANA BAPAREIRA SERVICIOS HOSTELERIA, SL., DANI & GUS, S.L., VALENCIA & MALINGRE, S.L., CEHOSGA INVERSIONES Y SERVICIOS, SL., HOSTELERIA RIVERAS MIÑO, S.C., R.T. ESCHER, S.C. e DANIEL MARTINEZ PEREZ
Certificado de profesionalidade
Este será outro máis dos 16 itinerarios impartidos no proxecto “Ourense Inserta” que serán acreditados con certificado de profesionalidade, gracias á suscripción en agosto do ano 2014 dun convenio coa Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia polo cal os alumnos que finalicen o programa cunha avaliación positiva en tódolos módulos formativos, poderán acceder á expedición dun certificado académico.
Rede de saneamento en A Besada e conexión de Os Viros
Na mesma sesión, a proposta da Concellería de Infraestruturas, a Xunta de Goberno Local aprobou dúas novas intervencións de mellora da rede de saneamento municipal: os proxectos de saneamento en A Besada, Santa Mariña do Monte e o proxecto para interconexión de saneamento entre a rúa Rabaza a o núcleo de Os Viros (Souto Sanín). O Concello de Ourense destinará un investimento total de 284.586 euros (IVE incluído) a execución destes proxectos.
Concretamente, 128.063,12 euros é o importe da actuación a desenvolver en A Besada, Santa Mariña do Monte, que permitirá dotar de infraestruturas de saneamento ás vivendas ubicadas nesta zona.
Outros 156.522,88 euros destinataranse á execución do Proxecto para a interconexión de saneamento entre a rúa Rabaza e núcleo de Os Viros (Souto Sanín)”. Na actualidade, o núcleo de Os Viros dispón dunha rede de saneamento sen conexión á rede de saneamento municipal. A vía que une Os Viros coa Rabaza, denominada rúa do Curro, dispón de rede de abastecemento para as vivendas unifamiliares sitas ás dúas beiras da vía, pero non dispón de rede de saneamento. O proxecto aprobado esta mañá permitirá conexionar a rede existente en Os Viros coa rede de saneamento municipal que chega ata A Rabaza, ao longo da rúa do Curro.











