publicidade hoxe

Os veciños de Becerreá mostranse encantados de que Teresa Romero descanse na localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBecerreá
A-
A+
Europa Press

Os veciños da localidade lucense de Becerreá mostráronse “encantados” de que Teresa Romero, cuxa nai reside no municipio, descanse dende a tarde do mércores na localidade tras recuperarse da infección do virus do ébola.

Así, Áurea, que traballa no Bar Centro, resaltou a presenza de Teresa Romero e o seu marido no municipio e que están “encantada de que estea aquí, e sobre todo de que se curase”. “Levamos pena cando dixeron que a contaxiada era de Becerreá, un caso único en Europa e co contaxio á porta de ti casa”, apostilou.

Ademais, esta veciña comentou que non coñece a auxiliar, aínda que si ao seu irmán e á súa nai, aos que describe como “boa xente”. O irmán de Teresa compráballe os billetes “para o Alsa”, que se expiden no establecemento hostaleiro no que traballa.

Pola súa banda, fontes do Concello manifestaron que se atopan “cos brazos abertos” ante a presenza de Romero, que estiman que poida pasar moitos días neste municipio da montaña lucense, mentres desinfectan a súa casa en Alcorcón.

Teresa Romero e o seu marido, Javier Limón, “descansan” na casa da nai dela, onde o mércores unha veciña confirmaba que a filla lle encargara “caldo e chourizos”. “Díxollo cando estaba ingresada”, recordou esta veciña.

6 de novembro de 2014 | 14:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.