Os rapaces dos colexios públicos de Monforte visitarán a planta de Sogama
Cincuenta rapazas e rapaces dos colexios públicos A Gándara e Monforte, visitarán a planta de Sogama este venres día 21 de novembro.
Desde a concellería de Medio Ambiente realizáronse as xestións oportunas para que esta visita se levase a cabo, coa finalidade de que os alumnos/as, de 8 e 9 anos de idade, coñezan o proceso ó que se somete o lixo que xeramos nos nósos fogares e tomen conciencia da importancia da reciclaxe como unha práctica favorecedora da conservación do medio ambiente.











