Os Mecos recolle artigos de todo tipo para o rastriño beneficio da vindeira fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Asociación de Pais e Nais de Persoas con Autismo, Os Mecos, lembra aos veciños e empresarios de Vilagarcía e municipios da contorna que se recollen todo tipo de produtos e artigos novos e de segunda man para a celebración do rastriño benéfico que organizarán do 5 ao 7 de decembro na Praza da Peixería co obxecto de recadar fondos para financiar as actividades extraescolares e de integración de rapaces con autismo. Os interesados en colaborar con esta causa poden facelo levando directamente as súas doazóns á Praza da Peixería eses días, ou poden avisar a trevén do teléfono 986 508929 para que o colectivo llos vaia a recoller aos seus domicilios os días previos.

organiza a primeira fin de semana de decembro a terceira edición do rastriño benéfico. A Asociación de Pais e Nais de Persoas con Autismo fai un chamamento á solidariedade de particulares, negocios e empresas á colaborar na iniciativa que ten como finalidade recadar fondos Poden facelo doando todo tipo de produtos e obxectos novos ou de segunda man, para poñer á venta no rastriño, ou tamén indo a compralos.

Sortean cestas de produtos entre a clientela

Esta será a terceira edición do rastro benéfico organizado por Os Mecos e que conta coa colaboración do Concello de Vilagarcía. Os Mecos pretende agradecer a súa colaboración ás persoas que adquiran obxectos no mercadiño mediante o sorteo de varios lotes de produtos, principalmente alimenticios, doados por empresas e negocios da comarca, como viño, conservas, embutidos, produtos de Nadal, etc… Para elo, con cada compra realizara entregarase un boleto que o comprador deberá cubrir cos seus datos persoais e depositar na furna que se colocará na Praza da Peixería. A última tarde do mercadiño realizarase o sorteo.

Cos cartos que se recaden no mercadiño, Os Mecos financiará as actividades extraescolares a realizar polos seus fillos e que resultan imprescindibles e recomendables para o desenvolvemento físico, persoal e relacional das persoas con autismo, tales como musicoterapia, hípica, diferentes tipos de deportes ou saídas á comunidade

28 de novembro de 2014 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.