Os maiores de 60 anos melloran a súa memoria en Ribadumia cun taller de psicomotricidade
20 persoas maiores de 60 anos comezan participan nun taller que Cruz Vermella está a realizar co obxectivo de promover e fomentar o envellecemento activo.
Os maiores realizaran unha serie de actividades encamiñadas a mellorar o rendemento cognitivo e funcional asociado o envellecemento e para preservar as capacidades como a percepción, atención – concentración, razoamento.., que se van perdendo coa idade. Con esta actividade o mais veteranos poderán coñecer o funcionamento da memoria e aprenderán unha serie de técnicas para mellorala. Ademais completarase con exercicios de mellora da autoestima e habilidades socias que incrementen a súa calidade de vida.
O taller realizarase en dez sesións, os xoves de 18:30 horas a 20:00 horas a partir do 20 de novembro no Centro Social de Barrantes.
A campaña, posta en marcha por Cruz Vermella, está incluído no seu programa de promoción e prevención da saude dirixido a maiores de 60 anos











