Os Ingleses visitan Ferrol co liderado en xogo
O sábado a partir das 12:30 na Malata Os Ingleses enfróntanse ao CR Ferrol, equipo co que comparte liderado, no último partido da primeira volta.
Ambos os equipos saldaron todos os seus encontros con vitoria e obtido o bonus ofensivo en todos salvo un.
O CR Ferrol a pesar de ser un recentemente ascendido é o claro favorito a gañar o titulo que defenden os arosanos. Os ferroláns é un equipo infestado de xogadores de gran nivel, á fronte o xogador e adestrador Pakito Usero histórico capitán do Vigo Rugby e que hai dúas tempadas foi internacional absoluto, o arxentino Mauro González que militou tamén en Vigo e foi clave no ascenso do CRAT a división de honra B, John Semple apertura nor-irlandes que vén de xogar en Nova Zelandia, Pepe Calvo mozo traseiro que xa debuto en División de Honra e foi internacional en categorías inferiores e Nico que na actualidade é o xogador máis en forma de toda a comunidade.
Os Ingleses esperan facer valer a súa experiencia competitiva e a fortaleza da súa dianteira para tentar dobregar a un Ferrol que é favorito en todas as quinielas o que lle pode pasar factura.
David Losada “Chegamos cos deberes feitos, eles son os favoritos por persoal e por que xogan na casa polo que a presión é para eles, imos expor un partido duro, sen complexos e se aproveitamos as nosas oportunidades podemos sorprendelos”
Tiago, Birbi, Uru e Afasto son baixas e Biris é dúbida para este fin de semana.
Concentración de categorías Base:
Fontecarmoa acollerá o sábado pola mañá unha concentración das canteiras galegas, 300 nenos de entre 4 e 12 anos farán gozar a pais e afeccionados nunhas xornadas na que os resultados non son o principal.
Liga sub18 e sub 16
Dobre enfrontamento nas ligas sub 18 e sub 16 contra o Pontevedra R.C.
Pola súa banda o sábado o sub 18 visita o campo de Monteporreiro e o domingo ás 11:00 horas recibirán aos sub 16 Fontecarmoa.
PRC é todo un referente nas categorías base galegas logrando varias ligas nos últimos anos. Os cachorros de Poli e Ju están en período de reconstrución despois dun período glorioso nestas categorías, o cambio de ciclo leva a que se reestruturen as mesmas e que os resultados cheguen aos poucos.











