Os Ingleses impóñense nun encontro que finalizou mostrando aos máis xóvenes do equipo
O partido comezaba cunha mostra de solidariedade do persoal dos Ingleses R.C. cos traballadores de Lantero portando unhas camisetas e unha pancarta ao comezo do partido.
O partido iniciouse con dominio claro dos Ingleses inaugurando o marcador por medio do seu capitán Jairo no minuto 10 (5-0)
No 27 Lema volvería ensaiar sen que o equipo pasase excesivos apuros.
Chegarían entón as lesións de Sito (tres puntos de sutura no beizo) e Hache (escordadura de xeonllo) o que obrigaría a deter o xogo e substituílos en ambas as ocasións provocando que o xogo se retardase cortando o ritmo dos locais, que a pesar das múltiples interrupcións lograría un terceiro ensaio obra de Loso antes do descanso deixando o marcador en (15-0) non sendo o mesmo máis amplo debido en parte aos erros nas transformacións que por causa do tempo aumentaban a súa dificultade.
Na segunda parte os arosanos saíron dispostos a pechar o partido e encerraron aos lucenses no seu campo, moitos erros de mans debidos ao barro impedían que situacións claras finalizasen en ensaio, sería no minuto 52 cando Pintos conseguiría ensaiar e coa mesma o punto bonus ofensivo transformando a patada Suso, xa con vento a favor. (22-0)
Tan só 6 minutos despois Miguel rubricou o seu gran partido co quinto ensaio que sentenciaba o choque (29-0)
Losada realizo nese momento todos os cambios para manter a todos os seus xogadores en forma e dando minutos aos máis mozos para que lle vaian collendo o ritmo á competición e Os Ingleses terminaría xogando o encontro cun xovencisimo equipo cunha media de idade de 22,5 anos e 7 sub 21 no campo.
Certo é que a multitude de cambios e a falta de experiencia do cadro de persoal provocou que os visitantes viñesen arriba e lograsen dous ensaios antes do final do partido maquillando así o marcador que reflectiría ao final do partido un 29-12.
Os Ingleses igualan á fronte da táboa co gran favorito ao título Ferrol con 15 puntos e a próxima semana visitan no seu particular derbi, ao Mareantes de Pontevedra, terceiro clasificado, finalista da tempada pasada e un dos grandes aspirantes ao titulo do presente, un partido moi complicado no que os de David Losada pretende calibrar as súas posibilidades reais para loitar por unha da dúas primeiras prazas da liga regular e obter así o factor campo no playoff.
ALINEACION: Morris, Lema. Sito (J.J.), Hache (Chantre (Xaime)), Marcos, Loso (Birbi), Dorro, Tiago (Sisas), Jairo (Miquel), Cachopo (Sherman), Suso, Pintos, Biris, Chester e Miguel (Cilin)
Pola súa banda no inicio da liga Sub 16 cumpríronse os prognósticos e o Crat venceu con claridade na súa visita a Fontecarmoa demostrando que é un dos firmes candidatos a revalidar o titulo (17-43)
A pesar do resultado Poli e Ju mostrábanse satisfeitos do comportamento dos seus xogadores que na segunda metade plantaron cara aos Coruñeses chegando a gañar este parcial.











