Os Ingleses enfróntanse ao Mareantes R.C.P. en Monteporreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilagarcía de Arousa
A-
A+

O sábado ás 16:15 Os Ingleses visita o campo do Monteporreiro para enfrontarse ao Mareantes R.C.P. nun partido que é todo un clásico da competición.

Aínda que nas últimas ocasións Os Ingleses impuxéronse aos Pontevedreses non se fían dun rival que sempre é competitivo e xogou a final de Liga Galega os dous últimos anos. Adestrados por Víctor Arceo “Morty” con pasado inglés, ocupan a terceira posición na táboa con tan só unha derrota ante o gran favorito do grupo Ferrol R.C.

Daniel Prieto “Biris”: “É un equipo moi sólido, que leva moito tempo xogando xuntos e vánnolo a pór tremendamente difícil, vai ser o partido máis igualado dos últimos anos, debemos de dar o mellor de nós mesmos”

O terceira liña inglés Nathan Blyth, o medio de mele Gonzalo Valencia, o centro Mohamed Driss e o propio Víctor Arceo son as maiores ameazas duns arosanos que viaxasen coas importantes baixas de Afasto, Uru, Hache e Danipan e coa dúbida para o choque de Sito, Diego, Niyo e Tiago.

Tras a vitoria da semana pasada contra a Muralla aos de Losada afrontan a parte máis dura da primeira volta enfrontándose no próximas tres semanas ao Mareantes, ao Vigo B (que non ten partido de división de honra e reforzarase con xogadores do primeiro equipo) e visitará ao gran favorito na última xornada da primeira volta Ferrol. Gañar este fin de semana deixaríalles nunha boa posición para ocupar ao final da tempada unha das dúas primeiras prazas para afrontar o Playoff polo título.

O equipo Sub 16 viaxa a Ferrol na segunda xornada da liga galega nun partido que se xogará na Malata o sábado ás 14:45 horas e onde os xogadores de Poli e Ju esperan resarcirse da derrota a primeira xornada a mans do Crat. O partido do sub18 contra Universidade de Vigo que se tería que disputar en Fontecarmoa aprázase para decembro.

13 de novembro de 2014 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.