Os Ingleses enfróntanse á cuarta xornada da liga Galega de Rugby 1

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVilagarcía de Arousa
A-
A+

Este sábado ás 16:00 horas visita Vilagarcía a Muralla de Lugo. O equipo Lugués recentemente ascendido aínda non coñece a vitoria na nova categoría polo que seguro que virá a Vilagarcía con ganas de sorprender aos locais nun choque, que do mesmo xeito que a liga presuponse igualado.

Os Ingleses segundo clasificado (cun partido menos) que ata o momento conta os seus partidos por vitorias e logrando o bonus ofensivo, xa se enfronto á Muralla no Torneo San Froilán de pretemporada. Nese partido, no que visitou Lugo, os locais ofreceron gran resistencia sobre todo de dianteira, non en balde dispoñen da dianteira máis pesada da liga, non foi ata a segunda parte cando a escuadra inglesa logrou comezar a imporse e levar o partido.

Para este partido o cadro inglés conta coas baixas de Uru e Afasto, e son dúbida por problemas físicos David Losada, Sito e Diego.

Partido de División de Honra Española de Blusens Universidade de Vigo en Vilagarcia

Unha das obsesións dos Ingleses é tentar que en Vilagarcía se poida gozar de Rugby de primeiro Nivel, así en ocasións pasadas Fontecarmoa foi sede do Campionato de Europa Feminino e de partidos das categorías inferiores da Selección Española, por iso cando Fito Brea asinou o acordo de filiación co Blusens universidade de Vigo, unha das clausulas do acordo incluía que o Blusens disputase un partido oficial de Liga en Fontecarmoa.

Este domingo a partir da 12:00 horas e con entrada gratuíta o Blusens disputase a oitava xornada do campionato contra o Hernani.

Partido de gran importancia para os vigueses que despois de encaixar unha dolorosa derrota a semana pasada en Valladolid busca afastarse das posicións de descenso fronte a un rival directo por eludilo.

Pola súa banda, Hernani buscará en Vilagarcía inaugurar o seu marcador de vitorias que ata o momento esta a cero.

No cadro Vigués destacasen a presenza dos arosanos e con pasado inglés Adrián Fernández (Gambita) e David Rivero (Albariño) e o xogador dos Ingleses que xa pasa a formar definitivamente parte do cadro de persoal Vigués Luís Losada (Harry).

Pero ademais tamén se poderá gozar do xogo doutros grandes xogadores da liga como son Joaquín Maguna, Javier Parga, o Tongano Maka Tatafu, o surafricano Mbiyozo Mpho ou o Neozelandes Andrew Parata.

Aos homes dirixidos por Alberto Mera e Norm Maxwell non lles resultará estraño o campo de Fontecarmoa xa que realizan unha sesión quincenal conxunta cos Ingleses neste estadio.

Primeira xornada Liga Galega Sub 16

Comeza a tempada oficial para os mozos de Ju e Poli, o sábado en Fontecarmoa a partir das 11:30 horas e farao nin máis nin menos contra o poderoso CRAT da Coruña favorito para repetir o título esta tempada.

Varios xogadores Ingleses debutarán en competición oficial e esperan dar unha boa imaxe ante un dos cocos da competición.

O equipo Sub 18 que xogaba este domingo fronte ao Bierzo en Ponferrada aprazou o seu encontro debido ao partido que disputa Universidade de Vigo en Vilagarcía e é que ninguén se quere perder o Rugby de Alto Nivel en Fontecarmoa.

4 de novembro de 2014 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.