Os Ingleses encabezan a liga en solitario tras vencer ao R.C. Ferrol a domicilio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrolVilagarcía de Arousa
A-
A+

Tarde fría e asollada en Ferrol cun terreo de xogo en magníficas condicións. As bancadas mostraban un bo aspecto e non é para menos xa que se enfrontaban os dous primeiros clasificados da liga cos mesmos puntos.

Os Ferroláns que a priori eran favoritos para o encontro chegaron coas importantes baixas de John Semple e Mauro. E Os Ingleses víronse privados de Uru, Birbi, Tiago e a baixa de última hora de Chester, que por motivos laborais tivo que deixar a convocatoria cando faltaban só 30 minutos para partir cara Ferrol. O que fixo que Losada tivese que cambiar a aliñación titular e mover varias posicións antes do partido.

Ferrol saíu a por todas con moito ritmo e agresividade o que  provocou que Os Ingleses só se puidesen defender cometendo moitas imprecisións. Tan só transcorreran 3 minutos cando Pepe Calvo adiantaba aos departamentais mercede a un golpe de castigo. (3-0)

Moita presión de Ferrol que encerrou a Os Ingleses no seu 22, pero soubo sufrir e resistir a primeira arremetida local e Suso aproveito unha incursión inglesa para igualar o partido transformando un Golpe de Castigo. Min 15 (3-3)

Parecía que o partido estaba máis equilibrado pero JJ foi expulsado 10 minutos. Na xuga posterior Ferrol conseguía o ensaio. Min 19 (8-3)  

A expulsión deixou tocado aos de Vilagarcia e Ferrol non desaproveito a oportunidade e conseguía o seu segundo ensaio tras unha desafortunada xogada na que aproveitaron unha patada profunda na que Mikel terminou lesionado cando se dispuña a recoller o oval. Min 27 (15-3)

O partido púñase moi costa arriba aos arousanos, pero souberon sufrir e aproveitar cada oportunidade. Tan só un minuto despois Suso acurtaba algo o marcador (15-6) e co regreso de JJ o partido comezouse a equilibrar de novo.

Os Ingleses comezaban a dominar con claridade a Touch e aos poucos ía mellorando a súa mele o que lle axudaba a ter posesións máis longas  e comezaba a sentirse cada vez máis cómodos. Ao bordo do descanso tras un saque rápido dun golpe franco e unha rápida transición Lema conseguía o primeiro ensaio metendo de cheo ao seu equipo nun partido que minutos antes parecía que se ía. Descanso (15-11)

Na continuación do encontro cando Os Ingleses parecían que ían dar un paso adiante unha gran xogada de Pakito e Pepe Calvo terminaría en ensaio dos ferroláns cando só transcorrera un minuto.(20-11)

Pero foi un espellismo, a actitude cambiara e o dominio seria total de Os Ingleses que centrou o seu xogo na dianteira aproveitando a súa superioridade en Touch e mele.

Suso con dous golpes de castigo máis no 44 e 48 deixaría o marcador  a tiro de ensaio (20-17)

Ferrol como lle pasou na primeira parte a Os Ingleses só podía defenderse con golpes de Castigo o que provoco varias expulsións temporais e fixo que en moi poucos momentos da segunda parte tivesen 15 xogadores sobre o céspede.

O acoso era total  e xogábase máis tempo a 5 metros da marca Ferrolá.

Dorro e Diego tiveron dúas boas ocasións para logralo pero Ferrol resistíase a que se lle escapara un encontro que dominaba claramente no marcador.

No minuto 60 entraría Loso por Diego  e 8 minutos despois aproveitaría un gran traballo da dianteira arousana na mele para ensaiar e pór por primeira vez por diante ao seu equipo.(20-22)

Últimos 10 minutos de xogo nos que tentaron sentenciar pero o marcador xa non se movería.

Con esta vitoria chégase a final da primeira volta con Os Ingleses na cabeza con 28 puntos, seguidos de Ferrol 25, Ourense 14 e Mareantes 12.

A semana que vén non hai liga que se retomase antes do parón do Nadal en Pontevedra contra o PRC o próximo día 13.

30 de novembro de 2014 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.