publicidade hoxe

Os hosteleiros do centro poñen en marcha “Chatear en Neda”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

“Chatear en Neda” pode ter premio esta fin de semana. Un premio de 250 euros, que se sorteará entre aqueles veciños e veciñas que completen a ruta que propoñen os hosteleiros do centro da real vila. Nove establecementos que servirán pinchos con cada consumición a base de productos típicos destas datas de Magosto, como o tradicional cocido. A iniciativa que promove a hostelería local conta coa colaboración da Concellería de Turismo do Concello de Neda e levaráse a cabo esta fin de semana (o venres á tarde, o sábado mediodía e noite e o domingo ao mediodía).

Os locais participantes, todos eles na zona centro, son El Camino Inglés, Café Bar 124, Café Bar Jupe, Mesón O Fumazo, Bar Neda, Mesón O Cubano, Hamburguesería Entreríos, Café Bar A Pía e Cervecería O Lagar. En todos eles serviránse os pinchos e, os clientes, recibirán unha cartilla que deberán selar en cada un dos establecementos. Aqueles que a completen, entrarán a formar parte dun sorteo público que se celebrará á semana seguinte no salón de plenos da casa consistorial.

Con esta proposta, a hostelería de Neda quere dar un novo aliciente á cidadanía para que acuda aos seus locais. Para iso, a maiores da gastronomía, tamén contarán con animación musical. O sábado, a partires das 12 horas, un grupo de acordeóns e música tradicional acompañará co seu repertorio a ruta e animará aos presentes a cantar nos bares, recuperando así unha tradición moi arraigada na real vila.

10 de novembro de 2014 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.