publicidade hoxe

Os Gardacostas comisan 78 quilos de ameixa babosa na ría de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolMugardosSucesos
A-
A+

Axentes do Servizo de Gardacostas en colaboración con axentes da Policía Autonómica realizaron durante esta madrugada nas zonas da praia de Caranza, O Couto e Mugardos, na ría de Ferrol, un operativo contra o furtivismo que se saldou coa identificación de 3 persoas que mariscaban de xeito ilegal. Os axentes levantáronlle aos identificados as correspondentes actas de infracción.

Ademais, nesta actuación os axentes comisaron 78 quilos de ameixa babosa e 7,5 quilos de ameixa fina. Os inspectores tamén incautaron 1 traxe de neopreno, 1 raño, 2 sachos e 3 redes.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización.

4 de novembro de 2014 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.