Os gañadores do V Certame OUFFescola recollen os seus diplomas na edición de maior éxito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+
Foto de familia dos premiados

Foto de familia dos premiados

O Festival de Cine Internacional de Ourense recuperou este ano o certame OUFFescola coa finalidade de premiar aos mellores traballos audiovisuais en galego realizados por escolares. Despois de ser aprobadas as súas bases en Xunta de Goberno, este certame repartiu 2600€ en premios que foron entregados esta mesma mañá. O OUFFescola naceu do esforzo e a xenerosidade da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, a través do Servizo de Normalización Lingüística e sobre todo do 19OUFF, que xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística dan continuidade a este proxecto audiovisual.

No acto estiveron presentes autoridades – Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Ana Garrido, Concelleira de Educación e Cultura do Concello de Ourense; e Agustín Fernández Gallego, alcalde da cidade- e tamén membros do xurado -César Silva, director de programación do OUFF; Manoli Maceda, coordinadora provincial das equipas de Normalización Lingüistica; Paz Villar, coordinadora do proxecto Cinema e Saúde; e Gregorio Ferreiro Fente, representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística-. Carlos Montero, fotógrafo e crítico de cinema e tamén membro do xurado, non puido estar presente.

Tras a entrega de premios e antes da proxección dos traballos gañadores, o alcalde da cidade quixo ter unhas palabras cos participantes do certame felicitándoos porque “traballar no cine é ser un artista e os rapaces fixérono”. Resaltou tamén a grandeza dos sentimentos que transmite a sétima arte que “nos permite soñar constantemente” e o xeito en que o cinema é capaz de facer que as persoas sexan cada día mellores.

PALMARÉS V CERTAME OUFFescola

• 1º premio da categoría “Demais niveis de ensino non universitario”: Persoas, do IES Cacheiras

• 1º premio da categoría “Infantil ou Primaria”: Troco, do CEIP San Xoan de Filgueiras

• 2º premio da categoría “Demais niveis de ensino non universitario”: O Libro, do IES

Ramón María Ulloa

• 2º premio da categoría “Infantil ou Primaria”: Medusópolis 999 do CEIP a Laxe

• Premio ao mellor guión da categoría “Demais niveis de ensino non universitario”: para Non nos quitarán os soños, do IES Xulián Magariños

• Premio ao mellor guión da categoría “Infantil ou Primaria”: O ritmo da miña vida, do CEIP Mestre Valverde de Mayo

• Mención especial polo volume e calidade de traballos presentados: IES As Barxas

• Mención especial pola calidade de traballos presentados: CEIP San Xoán de Filguei

19 de novembro de 2014 | 14:02 • 1 comentario

Só temos 1 comentario, anímate a opinar

» Comentarios RSS Feed
  1. O alcalde de Ourense falando en castelán diante dos nenos, a presentadora falando en castelán, o IES Cacheiras gañador do 1º Premio Categoría Ensino Secundario, en castelán. ???????