publicidade hoxe

Os emigrantes retornados manifestaranse en Madrid

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisGalicia exterior
A-
A+

O vindeiro mércores 10 de decembro terá lugar en Madrid unha nova concentración de emigrantes retornad@s. A manifestación partirá as 10 horas da Porta do Sol, e pasará pola carrera de San Jerónimo, rúa Cedaceros, rúa Alcalá, Ministerio de Facenda e volta a Porta do Sol ás 13:00 horas. Montoro tennos que sentir respirar, non vale con que desde Galicia lle transmitan que estamos loitando polo que é de xustiza. Queremos que escoite preto súa as nosas reivindicacións.

Saíndo a rúa, estamos solicitando que se elimine o carácter retroactivo da disposición adicional única da reforma fiscal que aprobou o Consello de Ministros o pasado mes de agosto e que está sendo tramitada en sede parlamentaria actualmente. A ningunha outra modificación normativa se lle aplicou ata o de agora carácter retroactivo. Por que esta vai ser esta a primeira? Por que nós temos que facer as declaracións de catro anos atrás?

Estando en Madrid, queremos que se devolvan de oficio as sancións, recargos e intereses pagados inxustamente polas declaracións de pensións procedentes do estranxeiro. Se ben desde a Axencia Tributaria nos manifestaron que esta devolución de oficio non sería posible por motivos técnicos, nós sabemos, por que así no lo fixeron saber traballadores da mesma Facenda, que sí é posible ademáis de ser moito máis rápida e áxil. O que pretende o señor Montoro coa solicitude individual é que moitas das persoas que xa pagaron estes xuros inxustos que non o soliciten por descoñecemento do procedemento a seguir.

Manifestándonos, queremos que na reforma fiscal a aprobar se inclúa a eliminación do dobre pagador para toda persoa, sexa ou non sexa emigrante. Que esta sexa tamén unha vella reivindicación do sindicato de Técnicos de Facenda reforza a nosa postura da inxustiza desta figura que fai que aquelas personas con menos recursos estén obrigados a declarar. Loitando, solicitamos que se homologuen a nivel europeo os grados de incapacidades. Non pode ser que unha persona teñar recoñecido en Francia, por exemplo, unha incapacidade do 100% e chegue a España e que teña que volver a pasar por ese reconocimiento e que lle concedan o 6%.

Nesta ocasión @s emigrantes gales@s acudiremos xunt@ baixo o lema Emigrantes Gales@s Unid@s. Queremos que Galicia sexa unha única voz, que se nos vexa e que se nos escoite por que é a comunidade autónoma donde máis personas hai afectadas.

21 de novembro de 2014 | 10:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.