publicidade hoxe

Os CPAE de Pontevedra, Vigo, Ponteareas e Cambados formarán empresas turísticas no manexo de Smart Destination

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosPonteareasPontevedraPontevedraVigo
A-
A+

Os Centros Provinciais de Asesoramento Empresarial 2.0 de Cambados, Pontevedra, Ponteareas e Vigo, postos en marcha pola Deputación de Pontevedra, acollerán os días 3 e 4 de novembro unhas xornadas de formación no manexo da plataforma Smart Destination Rías Baixas.

Nestas xornadas as empresas do sector turístico obterán información sobre as utilidades e o funcionamento da plataforma, así como coñecementos para acceder á área privada Mi negocio, para cargar datos do establecemento na plataforma, xestionar dispoñibilidades e reservas en liña, crear promocións e publicar ofertas de último minuto.

Así mesmo, poderán aclarar calquera dúbida que lles poida xurdir en relación á implantación do Smart Destination en Pontevedra e ós efectos que esta pode ter tanto nos seus negocios turísticos coma no sector en xeral.

As xornadas, de dúas horas de duración cada unha, desenvolveranse o luns nos CPAE de Vigo, ás 11:00 h, e nos de Ponteareas e Pontevedra, ás 17:00 h.

O martes 4 de novembro terán lugar dúas sesións en Cambados, ás 11:oo e ás 17:00 h, e outra en Pontevedra, de novo ás 17:00 h.

Outras actividades

O martes día 4 tamén se ofertarán actividades sobre comercio virtual, márketing dixital e aplicacións móbiles para micropemes en diferentes centros de asesoramento da provincia.

En Cambados, ás 13:00 h, desenvolverase un obradoiro de capacitación tecnolóxica dirixida a autónomos e microempresas que queiran coñecer cales son as mellores aplicacións informáticas para mellorar a xestión da súa empresa. No taller aprenderán a manexar estas aplicacións e a dominar as utilidades máis adaptadas á súa empresa.

O funcionamento do Centro de Comercio Virtual da provincia será o tema central da xornada que se vai desenvolver ás 13:00 h no Porriño e ás 19:00 h en Ponteareas.

Finalmente, Pontevedra acollerá unha sesión formativa sobre márketing dixital, ás 19:00 h, e Vigo outra sobre aplicacións empresariais esenciais, ás 13:00 h.

1 de novembro de 2014 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.