Os CIM da Laracha e Arteixo organizan unha visita conxunta ao Pazo de Mariñán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaArteixo
A-
A+

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha, en colaboración co CIM do Concello de Arteixo e a Deputación Provincial da Coruña, organiza unha visita ao Pazo de Mariñán que terá lugar durante a mañá do sábado da próxima semana, día 29 de novembro.

As mulleres que desexen participar nesta excursión deben formalizar a súa inscrición, que é gratuíta, acudindo á oficina do CIM (no edificio administrativo da Laracha, situado no número 60 da céntrica avenida Fisterra) ou chamar o teléfono 981 612 811. O prazo remata o xoves. As asistentes poderán ir acompañadas polas súas fillas e fillos.

O Pazo de Mariñán, no municipio de Bergondo, é un histórico edificio mandado construír no século XV polo nobre Gómez Pérez das Mariñas. Tanto o pazo como os seus xardíns foron declarados conxunto histórico-artístico no ano 1972.

Actualmente o Pazo de Mariñán, que é de titularidade da Deputación Provincial da Coruña, acolle actos institucionais e fai as funcións de museo –reúne gran parte da colección artística da propia Deputación- e centro de cursos e eventos.

21 de novembro de 2014 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.