Os Bombeiros de Pontevedra practican no río técnicas de salvamento con vehículos acuáticos
Os Bombeiros de Pontevedra realizarán durante toda a xornada de mañá e do xoves unhas clases teóricas e prácticas de conducción de vehículos acuáticos de salvamento e de emerxencia.
As clases comezarán mañá as 08.30 horas no Pazo da Cultura. Durante unhas dúas horas os bombeiros que participen neste curso recibirán por parte dos monitores especializados as instrucións para logo acometer as prácticas que se realizarán en distintos puntos do río e tamén da ría, de feito chegarán até a Illa de Tambo.
As prácticas comezarán a media mañá. O punto de loxística e intercambio estará na praia de Lourido, pero as actividades prácticas realizaranse en distintos puntos da ría e tamén río arriba.











