Os atletas da Sociedade Ximnástica acadan os postos de cabeza da carreira de San Martiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A carreira de San Martiño en Ourense volveu encher as rúas ourensás de corredores populares que gozaron dunha das carreiras máis relevantes do panorama atlético galego.

Os atletas da Sociedade Ximnástica non o fixeron nada mal ao conseguir meter a varios dos seus atletas entre os dez mellores da carreira.

Na categoría masculina, Rubén Diz estivo moi preto do podio ao finalizar en cuarta posición, un gran resultado a 15 días do Campionato de España de Maratón, no que está a centrar a súa preparación.

Rubén estivo secundado polo seu compañeiro Iván Docampo, que entrou en meta en novena posición, mentres que Fran Iglesias conseguiu unha magnífica décimo sétima posición.

En categoría feminina, cabe destacar a presenza de Rocío Rodríguez, que chegou a meta en sétima posición.

Os atletas do campo a través da Sociedade Ximnástica debutaron en Atapuerca

Cunha mañá moi fría e cun forte vento que acrecentou aínda máis a sensación térmica; celebrouse un espectacular cros internacional de Atapuerca, cuxa carreira internacional masculina tivo que decidir ao gañador polo vídeo-finish.

Moita presenza de atletas e público que gozaron do primeiro cros da tempada. A Sociedade Ximnástica volveu outro ano a acudir a terras burgalesas, destacando a actuación de Sergio García, que na carreira popular masculina conseguiu a sexta posición e Barca Toba que na proba internacional feminina fixo un bo papel, entrando en meta no posto 55.

17 de novembro de 2014 | 18:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.