Os alumnos dos institutos do Carballiño coñecen que é un Plan Xeral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Con motivo da publicación do avance da modificación do Plan Xeral de ordenación urbana do Carballiño, que desde hai meses está a explicarse aos veciños do Carballiño, aproveitouse para mostrar aos alumnos carballiñeses que é un Plan Xeral, a importancia que ten e, sobre todo, que serán eles (os alumnos) os que teñan que desenvolver o futuro do Carballiño.

Os encargados de falar sobre o plan xeral foron o edil de obras, e o representante do colexio de arquitectos de Galicia na provincia de Ourense. As explicacións foron moi sinxelas, para que os asistentes dos dous institutos, soubesen que é iso do plan xeral que tanto se fala, que importancia ten, como poderán eles, no futuro, achegar o seu gran de area para a súa creación e, o máis importante, como estes plans urbanísticos afectan a todos por igual e marcan o crecemento dunha poboación.

Ao mesmo tempo que se ofreceu esta charla aos alumnos dos institutos, séguense realizando as charlas nas distintas asociacións veciñais do rural, sendo a quenda esta semana, en concreto este xoves 27 de novembro, na Piteira, ás 20:00 horas.

26 de novembro de 2014 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.