Os alumnos da EOI de Pontevedra realizan o roteiro Castelao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Un grupo de 30 alumnos/as da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra farán mañá xoves, día 20 de novembro, o roteiro Castelao polas rúas da zona histórica de Pontevedra. A saida está prevista para as 17.30 horas horas da praza da Ferraría. O percorrido inclúe unha visita á Sala Castelao do Museo de Pontevedra e ao edificio modernista da Fundación Caixa Galicia, onde se situaba o Café Moderno.

O Concello de Pontevedra segue a ofrecer estas visitas guiadas pola Pontevedra máis vencellada a Castelao, co obxecto de ligar o uso da lingua galega aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.

Por mor da climatoloxía adversa, ou por outras circunstancias, esta visita podería sufrir modificacións. De ser así, procuraremos mantelos informados

19 de novembro de 2014 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.