publicidade hoxe

Oleiros adquire 21.000 metros cadrados para parque na parroquia de Nós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros adquiriu por convenio urbanístico 21.000 metros cadrados destinados a parque público entre a N-VI e o Alto do Vilar. Esta finca, que está recollida no PXOM como zona protexida, dispón dunha grande extensión poboada con árbores frondosos con máis de 50 anos.

A nova zona verde linda en toda a súa lonxitude coa rúa do Traballo. Esta finca está atravesada polo regato que procede de Iñás e desemboca na ría do Burgo. Ademais da fabulosa riqueza medioambiental, o terreo conta con interesantes riquezas de valor cultural como un vello muíño que será recuperado polo Goberno local. Esta cesión forma parte do convenio urbanístico da finca das Cadenas e terreos limítrofes.

Deste modo, o Concello de Oleiros incrementa o número de metros cadrados de zonas verdes que neste momento supera o millón. Oleiros ascende aínda máis no ránking de municipios con maior número de metros cadrados de zona verde por habitante. A parroquia de Nós, onde se sitúan este novo equipamento, veu incrementada a extensión de zona verde considerablemente nos últimos meses, xa que a esta finca hai que sumar o parque que o Goberno local prepara na coñecida como Finca Tenreiro de recente adquisición.

21 de novembro de 2014 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.