publicidade hoxe

Obradoiro para aprender a falar en público no IES Fernando Esquío de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O IES Fernando Esquío de Neda acollerá mañá xoves, 6 de novembro, o obradoiro “Aprende a falar en público”, que promove a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado coa colaboración do Concello. Dará comezo ás 11,30 horas e está especialmente dirixido a estudantes, profesores, xornalistas, opositores, oradores eventuais e en xeral, para calquer persoa con ganas de mellorar a súa capacidade persuasiva e as súas dotes para falar en público. Entre os contidos, trataráse a preparación do discurso, a transmisión de ideas, a comunicación non verbal ou a actitude do orador.

5 de novembro de 2014 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.