Obradoiro de nanas na Biblioteca Rego da Balsa en Novembro con música
A Biblioteca Rego da Balsa acolle un obradoiro de nanas dirixido a nais e pais, presentes ou futuros, así como a outr@s familiares e formadores que queiran aprender ou practicar o aproveitamento do poder emocional das nanas e cantos de berce para arrolar os seus bebés. Este pequeno obradoiro ten catro horas de duración, e desenvólvese o mércores 19 e o mércores 26 de novembro, en horario de 17.00 a 19.00 horas. De impartir o obradoiro encárganse os músicos Xabier Díaz e Guillerme Fernández. A cita é de balde, mais os interesados e interesadas deben formalizar unha inscrición previa polo límite de aforo.











