O zafarrancho de limpeza actúa no Camiño Vello de Castela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa esta semana cos zafarranchos de limpeza en distintos barrios da cidade. Nesta ocasión limparase o Camiño Vello de Castela, dende a rúa da Seca até Padre Fernando Olmedo.

A limpeza realizarase na madrugada do xoves.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende a tarde do mércores. A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.

18 de novembro de 2014 | 19:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.