O vindeiro mércores o Concello de Monfrote entregará 30 compostadores domésticos
A concellería de Medio Ambiente do concello de Monforte continúa desenvolvendo o proxecto de compostaxe doméstica, para o cal procederá a entregar 30 compostadores a outras tantas persoas da cidade.
O Concello dá así continuidade á distribución gratuíta de compostadores domésticos iniciada en decembro do ano 2013 coa colaboración de Sogama, campaña na que xa leva entregados un total de 84 compostadores.
Nesta ocasión ofertáronse 35 compostadores e recibíronse 34 solicitudes, catro das cales foron rexeitadas por tratarse de persoas residentes no medio rural, cando a campaña está dirixida ó medio urbano.
A entrega dos 30 compostadores levarase a cabo o vindeiro mércores día 3 de decembro, ás 12:00 h no salón de plenos da casa consistorial. A persoas que accederon ó programa de compostaxe asistirán a unha charla na que se lles explicará que tipo de restos e materiais se poden depositar nos compostadores, recibindo unhas pautas básicas sobre o proceso a seguir para compostar correctamente.
Os/as participantes neste programa tamén disporán dun servizo de asesoría permanente para resolver as posibles dúbidas que xurdan.
O programa de compostaxe doméstica ten como obxectivo a redución da xeración de residuos, xa que a fracción orgánica (restos de comida) que se orixina nas nosas vivendas constitúe case a metade do contido da nosa bolsa de lixo. Producindo compost reducimos o lixo que se transporta e deposita nos vertedoiros.











