O vindeiro mércores haberá resposta sobre o futuro do servizo de atención a domicilio do Carballiño
Argimiro Marnotes comprometeuse co responsable sindical da CIG en Ourense, a ter unha resposta definitiva sobre o futuro do servizo de atención a domicilio o vindeiro mércores. Esta afirmación foi realizada na reunión mantida co sindicato, este venres, no que Etelvino Branco entregou ao máximo edil carballiñés o informe realizado por eles sobre as condicións laborais das traballadoras subrogadas á empresa Galaurea. Estes datos da CIG será trasladado tamén aos servizos de intervención e secretaria do concello, para que emitan os seus informes o máis completo posible.
Marnotes aseguraba durante esa reunión que espera os últimos informes para tomar unha decisión xustificada, e que a mesma será anunciada o mércores. Antes de anunciala publicamente informarase da decisión adoptada a todas as partes implicadas neste asunto.
Por último o alcalde do Carballiño asegurou, unha vez máis, que “o actual grupo de goberno non ten ningún compromiso nin con esta emporesa nin con ningunha outra, e que se non cumpre, non se renovará o contrato coa mesma”.











