O Usmanov Russian Ballet mestura ballet e patinaxe sobre xeo no Teatro Colón
O Usmanov Classical Russian Ballet, fundado e dirixido polo bailarín Hassan Usmanov, presenta este venres 28 e sábado 29 ás 20:30 horas unha versión de El Cascanueces na que mesturan patinaxe sobre xeo e ballet clásico.
Hassan Usmanov fundou a súa compañía de danza no 2004, o grupo está formado por artistas consagrados e mozos bailaríns graduados nas escolas e academias máis importantes de Rusia e teñen en repertorio os grandes ballets clásicos como O Lago dos Cisnes, A Bela Adormecida, O Quebranoces, Giselle, etc. A compañía realizou xiras de grande éxito tanto dentro como fóra de Rusia. Foi acollida con entusiasmo en Austria, Alemaña, Grecia, Finlandia, Israel, España, Ucrania ou Xapón.
A característica de preservar as coreografías orixinais é o que destingue ao Usmanov Classical Russian Ballet doutras compañías de danza rusas. Nesta ocasión preséntannos un espectáculo único no que mesturan o ballet clásico e a patinaxe sobre xeo e para o que contan cun elenco dos máis laureados patinadores artísticos rusos así como equilibristas, nunha proposta que non deixará de sorprender ao espectador.
As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural Novacaixagalicia, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas. Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche.











