O triatleta Uxío Abuín visita a Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Uxío Abuín na visita á Deputación

Uxío Abuín na visita á Deputación

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, recibiu esta mañá ao triatleta de Dodro Uxío Abuín na Deputación. No encontro, Calvo felicitou ao deportista de 23 anos polos logros conseguidos este ano e animouno a seguir traballando neste sentido xa que é todo un exemplo de “constancia e superación”.

Uxío Abuín é un dos deportistas que reciben unha bolsa da Deputación para facilitar a participación nas competicións. Este ano gañou o Campionato de España de Triatlón e a medalla  de ouro sub 23 sobre distancia Olímpica, foi campión da triatlón de Zarautz e quedou en segunda posición no triatlón Fuente Álamo.

Na recepción tamén estiveron a presidenta da Deputación e responsable da área de Deportes, Mariel Padín, e os alcaldes de Dodro, Rois e Padrón, que colaboran como patrocinadores do triatleta. Uxío Abuín estivo acompañado polos seus familiares durante a entrega da metopa por parte do presidente provincial.

7 de novembro de 2014 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.