publicidade hoxe

O teatro protagoniza as propostas culturais en Rianxo para esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

As propostas do OUTONO CULTURAL 2014  a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo son:

Venres 21 de novembro

21.00 h – Auditorio de Rianxo
TEATRO: Celtas sen filtro a cargo de Teatro Airiños
Celtas sen Filtro, unha obra de Méndez Ferrín e Artello Teatro e representada por Teatro Airiños baixo a dirección de Esther F. Carrodeguas, terá dúas representacións no Auditorio de Rianxo, nos venres 14 e 21 de novembro.
A obra está recomendada para maiores de 12 anos.
As entradas teñen un custe de 2 € e poden adquirirse en venta anticipada en: Perruquería Chuchamel (Asados), Estanco Xacobiño (Asados), Cafetería Castelao (Rianxo), Bar Berberecho (Rianxo) e Auditorio de Rianxo (unha hora antes do inicio de cada representación)

Sábado 22 de novembro

19.00 h – Auditorio de Rianxo
TEATRO INFANTIL:  NUNCABUNGA de Elefante Elegante
Nuncabunga é un espectáculo cómico e poético sen palabras para un público familiar e infantil a partir de 3 anos.
As entradas son de balde e poden retirarse (máximo 2 por persoa) unha hora antes do comezo da función.
A función está enmarcada no programa Outono Cultural que organiza a Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo ao abeiro da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

20 de novembro de 2014 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.