O Santiago Futsal prepárase para o encontro fronte ao FC Barcelona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O persoal do Santiago Futsal regresou esta mañá ao traballo despois dun fin de semana de descanso. Tras os primeiros quince días do mes, nos que os de Santiago disputaron un total de 5 partidos, este fin de semana puideron descansar e recuperarse para os encontros que restan antes do parón do Nadal.

Este xoves viaxan a Barcelona, onde se medirán ao segundo clasificado da categoría, o FC Barcelona, no Palau Blaugrana ás 21h. Os de Marc Carmona, que veñen de conseguir o pase á Final Four este fin de semana, atópanse a só un punto do líder, Inter Movistar (29 ptos). O partido poderase ver en directo por Barça TV e Esport 3.

O Santiago Futsal exercitarase toda a semana e o xoves pola mañá, día do encontro, viaxará a Barcelona.

Plan de traballo semanal

Luns 24 de Novembro
9.30h- Multiusos- Individualizado
16.45h- Multiusos- Resist. Veloc. + Táctico

Martes 25 de Novembro
9.30h- Multiusos- Preventivo + Forza rápida + Tranf.
17.00h- Táctico

Mércores 26 de Novembro
17.00h- Multiusos- Táctico

Xoves 27 de Novembro
11.30h- Saída a Barcelona
21h- Partido da 12ª Xornada
FC Barcelona vs Santiago Futsal

Venres 28 de Novembro
9.30h- Regreso a Santiago de Compostela

Sábado 29 de Novembro / Domingo 30 de Novembro
Descanso

24 de novembro de 2014 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.