O Santiago Futsal disputará ante o C.P Casás a eliminatoria de cuartos de Copa Xunta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Os santiagueses terán que viaxar a Lugo para enfrontarse na eliminatoria de cuartos de final da Copa Xunta ao C.P Casás, equipo que milita na 3ª División Nacional.

A eliminatoria disputarase a partido único en data aínda por determinar.

O Santiago Futsal buscará o pase ás semifinais dun trofeo do que é vixente campión, pois logrou superar, na final da tempada pasada, ao CD Burela.

13 de novembro de 2014 | 18:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.