O Santiago Futsal B visita ADFS Bueu
O Santiago Futsal B mídese este sábado na 7ª xornada de liga da Terceira División ao ADFS Bueu, tras encadar unha boa imaxe nos últimos partidos.
O adestrador Jorge Basanta describe ao seu rival como “un rival moi forte na súa casa, onde só perdeu un partido pola mínima. Con respecto á tempada pasada, gañaron en calidade, experiencia e competitividade. Esperamos uns partidos moi disputado, que se resolverá nos últimos minutos, o cal nos serve para continuar na nosa formación.”
O equipo xuvenil de División de Honra, disputa este fin de semana a 6ª xornada de Liga en casa contra a Rede Blue Vigo 2015 o domingo ás 12h.











