publicidade hoxe

O Puntal e O Roxal celebran sendos magostos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

As parroquias do Puntal e máis do Roxal celebrarán este venres e sábado respectivamente as súas festas do Magosto. Así, a antiga Casilla de Legoeiros, hoxe en día sede do Círculo Cultural, Recreativo e Deportivo do Puntal, acollerá a festa mañá venres, 14 de novembro. Dende as 21 horas, os asistentes poderán degustar castañas asadas e bolos preñados, e disfrutar en directo do repertorio dun dúo musical. Ao día seguinte, sábado 15, será a asociación de veciños San Pelaio do Roxal a que organice o seu Magosto. Neste caso, a celebración comezará xa pola tarde, sobre as cinco do serán, co tradicional obradoiro de elaboración de cabazas para os máis pequenos da casa no local social. E, pola noite, a partires das 21 horas, degustación de castañas e liscos con actuación musical.

13 de novembro de 2014 | 12:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.