O Prone Lugo prepara o derbi de Burela
O Prone Lugo comeza a preparar este luns o derbi do próximo sábado (17:00 horas – Pavillón Municipal de Vistalegre de Burela) ante o Burela Pescados Rubén, que acumula catro vitorias consecutivas. O partido a priori preséntase difícil para o equipo de Javier Albes, pero o tratarse dun derbi e as ganas dos lucenses por puntuar farán que a distancia na clasificación non exista sobre a pista durante os 40 minutos.
O técnico lucense contará coa baixa segura de Cospe, e terá que esperar a ver como evolucionan Mimi e Nacho Pedraza que se perderon o partido do pasado venres ante o FC Barcelona.
Así se desenvolverá o traballo semanal:
Luns 10:
10:30 horas: Sesión Física (Municipal)
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Martes 11:
10:30 horas: Sesión Física (Municipal)
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Mércores 12:
10:30 horas: Sesión Específico Porteiros (Municipal)
19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Xoves 13:
19:00 horas: Sesión de Vídeo (Municipal)
19:30 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Venres 14:
10:30 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)
Sábado 15:
17:00 horas: Burela Pescados Rubén-Prone Lugo F.S.
Domingo 16:
Descanso











