O Prone Lugo F.S. xa pensa no encontro co Peñíscola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+

Prone Lugo comeza a preparar este luns o partido do próximo sábado (18:00 horas – Pavillón Municipal) ante o Peñíscola Bodegas Dunviro, que marcha noveno na clasificación con 15 puntos. Malia a diferenza de puntos, o partido preséntase como unha boa oportunidade para que o Prone Lugo consiga os seus primeiros puntos da tempada.

O técnico lucense, Javier Albes, deberá esperar a ver como se desenvolve a semana para saber se recupera os seus xogadores lesionados, xa que se perderon o partido de Burela Cospe, Mimi e Diego Núñez, mentres que Iago Rodríguez finalizou o mesmo con problemas nun nocello.

Así se desenvolverá o traballo semanal:

Luns 17:

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Martes 18:

10:30 horas: Sesión Física (Municipal)

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Mércores 19:

10:30 horas: Sesión Específico Porteiros (Municipal)

19:00 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Xoves 20:

19:00 horas: Sesión de Vídeo (Municipal)

19:30 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Venres 21:

10:30 horas: Sesión Técnico-Táctica (Municipal)

Sábado 22:

18:00 horas: Prone Lugo F.S. – Peñíscola Bodegas Dunviro

Domingo 23:

Descanso

17 de novembro de 2014 | 12:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.